Raquel Crespo
Son avogada con formación e especial interese en Dereito Penal e Penitenciario.

O meu labor oriéntase a ofrecer un acompañamento xurídico serio e comprometido, defendendo os dereitos das persoas en situacións complexas e ofrecendo un trato profesional e adaptado ás necesidades de cada cliente. Traballo con rigor, ética e dedicación para garantir un servizo transparente e aportar solucións xurídicas claras e efectivas.

Raquel Crespo Avogada
Shoes

Dereito Penal

Resolvo casos de divorcio, custodia, pensións alimenticias e outros conflitos familiares cun enfoque humano e rigoroso.

Ver máis
  • Delitos contra a vida e integridade física (asasinato, homicidio e lesións)
  • Delitos contra a liberdade (detencións ilegais e secuestros, ameazas, coaccións, torturas e outros delitos contra a integridade moral)
  • Delitos contra a liberdade sexual (agresións sexuais e acoso sexual)
  • Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e á inviolabilidade do domicilio (descubrimento e revelación de segredos e allanamento de morada)
  • Delitos contra o honor (calumnias e injurias)
  • Delitos contra as relacións familiares (abandono de familia, subtracción de menores e impago de pensións)
  • Delitos de violencia de xénero e violencia doméstica
  • Delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (furto, roubos, extorsión, estafas, administración desleal, apropiación indebida, alzamento de bens, insolvencias punibles, danos, mercado e consumidores, delitos societarios, branqueo de capitais, delitos contra a Facenda Pública e contra a Seguridade Social)
  • Delitos contra os dereitos dos traballadores
  • Delitos contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros
  • Delitos relativos á ordenación do territorio e ao urbanismo, á protección do patrimonio histórico e ao medio ambiente
  • Delitos contra a seguridade colectiva (incendios)
  • Delitos contra a saúde pública e tráfico de drogas
  • Delitos contra a seguridade viaria (alcoholemia, condución temeraria e condución sen carné)
  • Delitos de falsidades (falsidade documental, intrusismo)
  • Delitos contra a Administración pública (prevaricación, suborno, tráfico de influencias, malversación, fraudes e exaccións ilegais)
  • Delitos contra a Administración da xustiza (acusación e denuncia falsa, falso testemuño, quebrantamento de condena)
  • Delitos contra a orde pública (atentado, resistencia e desordes públicas)
Shoes

Dereito Penitenciario

Defensa en xuízo para delitos leves e graves. Acompañamento legal en todo o proceso penal, con compromiso e confidencialidade.

Ver máis
  • Solicitude de Indulto
  • Traslado de centro penitenciario
  • Permisos de saída
  • Progresión de grao (primeiro, segundo e terceiro grao)
  • Liberdade condicional
  • Acumulación de condenas e cumprimento excesivo
Shoes

Dereito de Familia

Asesoramento en casos de despedimentos, reclamacións salariais, acoso laboral e dereitos laborais en xeral.

Ver máis
  • Crise do matrimonio: nulidade, separación e divorcio
  • Alimentos entre parentes
  • Expedientes de xurisdición voluntaria relativos á intervención xudicial en relación coa patria potestade
Shoes

Dereito Administrativo

Asesoramento en casos de despedimentos, reclamacións salariais, acoso laboral e dereitos laborais en xeral.

Ver máis
  • Responsabilidade patrimonial da Administración Pública
  • Dereito Administrativo Sancionador

Contacta comigo